mércores, 1 de xuño de 2016

Mércores 1

Bueno, por fin empezamos co thinglink na clase, aínda que moita xente non pudo facer nada polo feito de que non había ordenadores para todos. Eu tiven sorte, cheguei das primeiras a esa clase e collín un ordenador que funcionaba moi ben.

Creei a conta e abrín o libro polo tema que me tocou, o réximen democrático, para aclararme do que era e como ía facer máis ou menos o traballo, xa que era a primeira vez que traballaba con esa aplicación. Costoume un pouco ó principio porque non sabía a onde tiña que darlle, pero benditos titoriais de Youtube que che din como tes que facer, creo que é a salvación de moitos de nós.

Antes de que acabara a clase, o profe chamou o meu grupo, dadaanka, e fíxonos algunhas preguntas para facer unha autoevaliación grupal con el diante. A verdade e que eu creo que este traballo saínos un pouco mal, porque pusimos demasiado tostón e nada de música, e había partes, que non se entendía nada porque a min cóstame moitísimo vocalizar, e outras partes que era falar tan seguido que aburríaste. Eu espero que non se volva a repetir, porque a min no me gustou moito..

martes, 31 de maio de 2016

Martes 31

Hoxe foi o día da homenaxe a Indalecio Pérez Tizón e non puidemos dar clase a partir do primer recreo ata última hora, e por mala sorte, coincidía en perder xeografía e historia, aínda que valeu a pena mirar aos meus compañeiros tanto actuar, como bailar, como cantar, como ler e como tocar instrumentos, porque sinceramente, pola miña parte chapó, dinlles a todos a noraboa porque o fixeron de 10. É un orgullo ter non só compañeiros, se non amigos con este talento tan grandioso e favorecido.

Eu non coñecín a Indalecio como profesor, só de vista polo meu irmán, pero tal e como me falaron del parecía un moi bo home, atento a todo e que quería que o ensino fose máis entretido e fácil de aprender, cousa que eu creo que por unha parte logrou.

Encantoume a gala, creo que é o mellos homenaxe que eu vira na miña vida a verdade. E todo esto grazas a xente que o fixo capaz, ten moito mérito, tanto ex alumnos como alumnos actuais tanto como profesores.

xoves, 26 de maio de 2016

Xoves 26

Bueno, hoxe, non puido vir o profesor, aínda que tiñamos que empezar co thinglink porque en nada hai que entregalo. Entón dedicamos a clase de hoxe en traballar noutras asignaturas e cando acabamos, xogamos uns poucos ao tutti fruti coa profesora de guarda, e pasámoslo moi ben a verdade, foi un día productivo porque faltaron varios profesores e tivemos clases nas que non había que facer moito.

A min gústame moito os xoves, creo que é o mellor día da semana en asignaturas, e a mochila é o día que menos pesa, porque é unha barbaridade o que pesa a nosa idade, sobre 9/10 kg diarios, é demasiado.

mércores, 25 de maio de 2016

Mércores 25

Por fin!!! Hoxe acabamos xa cós guións de expoñelos, aínda que a medias porque quedaban uns minutos para rematar cando tocou e o profe dixo que non pasaba nada, que xa era suficiente.

O primeiro grupo foi o de Alejo, Elena, Germán e Ángel falando dos conflictos en España e no resto do mundo, aínda que me costou entender algunhas partes, fixéronno moi ben, tiñan música rusa cando falaron de Rusia e máis cancións. Para min foron bastante perfeccionistas, porque fixeron creo recordar 15:06 minutos aprox de guión e incluso podían facer menos, porque polo medio houbo tempos mortos e podían eliminalos.

O seguinte grupo e o último en expoñer foi o de Rebeca, Pablo, Silvia e Rubén, gustoume bastante a verdade, dentro do que cabe, creo polo simple feito de que entereime bastante ben das cousas e porque tamén, tiñan música sempre de fondo e entre tema e tema. Eles decidiron falar sobre o terrorismo e os diferentes atentados, como o das torres xemelgas.

En xeral o día de hoxe gustoume bastante a verdade, bos guións e axustados ó tempo pedido.

martes, 24 de maio de 2016

Martes 24

Hoxe seguimos cos guións, os primeiros en expoñer foi o grupo de majovaan e para min uns dos mellore polo momento, puxeron anuncios, moita música moderna tanto en inglés como en español, chamadas aos "oíntes" para min foi moi divertido e fíxoseme entretido. Falaron sobre a contaminación, as pilas en concreto, onde ai que tiralas e o que contaminan neste mundo máis detalladamente.

Os seguintes teoricamente ía ser o grupo de Silvia, Rebeca, Pablo e Rubén, pero non puideron porque non se lles subia e se non non se escoitaba moito, e deixáronno para outro día, eu espero moito deles, e espero que lles saia moi ben e que teñan boa nota, pero iso hai que velo antes de nada. A verdade que estas clases fanme aprender bastante mellor e con máis facilidade que chapando todo o temario para despois moitas veces olvidarnos de moitas cousas, e así facendo traballos é máis entretido e recordamos mellor as cousas.

xoves, 19 de maio de 2016

Xoves 19


Como onte o grupo lsma (Lucas, Sara, María e Alicia) non  pudo expoñer polas razóns xa explicadas tocoulle expoñer hoxe de primeiros, e o fixeron bastante ben, aínda que o son non era moi bo. Falaron sobre o tema dos refugiados, que necesitan axuda e como poderíamos axudalos.

Despois de eles, ía o grupo de Roberto, Marta, Andrea e Miguel. Falaron sobre a contaminación mundial en xeral, as principais causas e as posibles solucións. Non me gustou moito porque escoitábase moi mal e non o tiñan ben cortado nin preparado para expoñer, pero non voume queixar, xa que, non sei como opinaran eles do guión do meu grupo. 

A verdade é que eu esperábame enterarme menos do que falaban nos guións, pero se estás atenta consígueo e quédaste con case todo.

mércores, 18 de maio de 2016

Mércores 18

Hoxe foi un día no que pasei moita vergoña, tocounos ao noso grupo expoñer os primeiros e iso non é bo, porque a xente non ten con qué comparar o traballo e puntúan de menos. Escoitábase ben, pero o problema e que algunhas veces eu falaba moi rápido e non vocalizaba entón ninguén entendia o que dicíamos.

Teóricamente tamén lle tocaba a outro grupo expoñer pero días anteriores perderan todo o traballo e non o poideron expoñer, iso significaba que a clase acababa ahí e que ían ter menos nota, claro está, porque era inxusto.

Espero que o próximo día o teñan feito para porlle unha nota boa, porque é un dos mellores grupos ata o momento.

martes, 17 de maio de 2016

Martes 17

Hoxe é festivo, o día das letras galegas, cousa que todos os anos soemos falar algo sobre elas pero este ano foi moi por encima e dedicáronlle o día a Manuel María. Como non houbo clase, eu dediqueime a entrenar e estudar galego, xa que teño examen mañán e é bastante complicado.

Intento aproveitar ó máximo posible os días festivos ou os fins de semana para traballar e estudar o máximo posible, xa que agora empeza o forte, os exames, os traballos, máis deberes...

A verdade é que estou algo nerviosa e estresada porque quería mellorar esta avaliación e non o estou conseguindo, os exames sáenme fatal, e estou nerviosa polo guión de mañán, cústame demasiado vocalizar.

xoves, 12 de maio de 2016

Xoves 12

E chegou o día de entregar o diálogo, nós, pedímoslle o profesor que si podíamos entregalo venres a primeira hora porque íamos quedar hoxe pola tarde e así perfeccionábamos o traballo ben e díxonos que si, por sorte para nós. Entón na clase dedicámosnos a seguir eliminando cousas, porque aínda era moi longo e algo pesado.

Pola tarde dedicámonos practicamente ó mesmo, resumir e eliminar cousas, e despois grabamos o guión e nos dimos de conta que quedaba moi xusto e que era moi complicado facer 15 minutos xustos, a ver si despois recortando algunhas cousas e tal queda  perfecto ou aproximadamente perfecto, pero custa demasiado ser tan precisos.

Esperemos que o traballo esté ben feito e que guste tanto ao resto da clase como tamén, e máis importante, o profesor. Cruzamos os dedos.

mércores, 11 de maio de 2016

Mércores 11

Practicamente o último día antes de entregar o guión impreso! Pero non para de aparecer problemas e máis problemas. Dani G. e eu estivemos moi cabreados porque deixámoslles un traballo a Andrés e ao outro Dani e non o fixeron na finde semana. Pero por sorte hoxe apareceron con el nas mans para meter no guión e finalizalo.

Entón na clase de hoxe foi ao que nos adicamos, a pór estes traballos no guión e darlle cohesión e sentido ó programa de radio escrito no open office. É difícil saber máis ou menos canto tempo levamos de guión, non é preciso, e aínda menos cando non se sabe a que velocidade ir e a canto chegaremos.

Pero nada, hoxe volvimos a facer a proba do tempo e aínda nos seguíamos pasando do límite, teremos que continuar cousas na casa e eliminar cousas tanto eu como o resto do grupo.

martes, 10 de maio de 2016

Martes 10

Estamos moi nerviosos! Últimos días para acabar o guión e entregalo impreso. Hai moita xente que está a piques de rematar, pero outra moita que aínda lle queda bastante o teñen que cambiar moitas cousas.

Ó noso grupo quédanos bastante, pero por quitar, porque fixemos o guión moi longo e temos que resumir demasiado, pero non sabemos que máis resumir e quitar, parécenos todo bastante interesante e importante para dicir no programa de radio por así chamalo.

Neste traballo doume de conta que aínda que non todo o grupo nos levemos xenial sempre traballamos xuntos e ben, sen pegarnos e discutir a grito pelado, e tamén polo menos que sabemos traballar en grupo, aínda que custa porque non todos temos a mesma forma de pensar, entón sempre vai a votación. Sen discutir.

xoves, 5 de maio de 2016

Xoves 5

E seguimos o mesmo destes dous días anteriores resumindo e eliminando cousas do guión, fáiseme eterno e moi complicado a min e a Dani L. Hoxe casi acabamos pero estivemos falando para quedar e grabar o traballo e tamén para facer cousas na casa porque tiñamos que meter información e ideas novas de última hora que eran boas ideas pero costan moito facelo, como todo neste traballo dame por pensar ás veces. Pero eu espero que salga todo ben e saber vocalizar á hora de grabar o guión e aínda máis non trabarme, porque normalmente cando falo o fago, e non quero fastidiar o traballo, é moi complicado a verdade.

Casi acabamos de resumir por sorte, acabarei na casa eu o que quede máis ou menos, e Dani fai unha parte do traballo e o outro Dani e Andrés quedaron entre eles en facer cousas na casa creo, porque dividímonos o traballo en dous, aínda que hoxe non traballamos moito porque non había internet.

mércores, 4 de maio de 2016

Mércores 4

Hoxe como onte empezamos a eliminar e resumir cousas e non houbo moito tempo seguimos co traballo empezado a resumir, pero costa moito resumir temas tan complicados como o capitalismo e a globalización é difíciñ saber que información escoller como interesante e cal eliminar como non interesante no guión.

Cun grupo como o noso creo que temos moito que desexar e deixar o listón ben alto para os demais preocuparse de que non o fixeron tan ben ou que poderían mellorar outras cousas o miralo nas clases.

Espero que nestes días acabemos de resumir todo o guión e podamos quedar rápido para grabalo e entregalo, porque costa moito facer o guión e creo que aínda maís grabalo e que salga todo ben.

martes, 3 de maio de 2016

Martes 3

Hoxe na clase volvimos a ler todo o guión, porque hai que resumilo moitísimo polo feito que decidimos meter máis cousas entretidas e que farían que o guión fose màis levadeiro. Entón tanto Dani L. como eu puxímonos mans á obra, pero entre que nos puximos a ler e volvimos a ler para comezar a resumir ou eliminar cousas, fóisenos a clase encima e cando empezáramos a eliminar un pequeno parágrafo quedaban tres minutos de clase e ía tocar o timbre.

A clase de hoxe pasóuseme moi rápida, tanto a clase como toda a mañá, porque houbo algunhas horas libres e tamén porque as outras clases foron entretidas, aínda que en xeografia e historia hoxe tiven que ler un tostón varias veces, son entretidas e levadeiras as clases.

sábado, 30 de abril de 2016

Xoves 28

Neste xoves, primer día de clase despois do intercambio, chegamos a clase para ver o traballo e tanto Dani como eu levamos unha sorpresa porque o guión xa estaba feito, pero empecei a leelo e pareceume moi longo e extenso, aínda que moi ben feito, con exemplos e falando de forma que entendamos todos.

Entón Dani L. e eu puximos o cronómetro e a falar para ver cantos minutos levábamos. Eu flipei, porque íamos rápido e tardamos 18 minutos, había que resumir, e para resumir, primeiro había que leelo outra vez para saber que eliminar e que non. Pero moi claro tíñamos que os exemplos non os iamos quitar, pero entre unha cousa e outra non puidemos quitar moito porque acabou a clase. Estaba moi ben feito e dinlle a noraboa ós meus compañeiros polo traballo feito esta semana, moi ben feito.

Martes 26 e mércores 27

Este martes e este mércores seguimos en Calais dous dos catro compoñentes do grupo, significa non poder traballar , pero o xoves xa nos puximos ó día e a traballar.

Tanto Dani como eu estivemos intrigados de canto levaran e como estaría feito o traballo a esa altura, pero confiamos neles e menos mal que cadrou que non fomos ó intercambio todos os membros do grupo, pòrque se non non daría tempo a acabar o guión.

Mércores 20 e xoves 21

O mércores 20 e o xoves 21 non fomos a clase un grupo de persoas da clase polo intercambio. Dani López e eu puxímonos en contacto co grupo para organizarnos antes de irnos e eu mentres que estaba en Calais falaba con Dani L. de como irían na clase co traballo, aínda que a información xa estaba escollida había que pasala ó diálogo e á entrevista, pero ese traballo tocoulle a Dani G. e a Andrés nesta semana.

Danu e eu en Calais preguntábanos como irían no traballo e se darían feito eles dous, e dixemos que o xoves que chegáramos íamos a traballar o máximo posible, porque non queda nada para entregar o traballo.

martes, 19 de abril de 2016

Martes 19

Bueno, pois xa é martes 19 e mañán marcho para Francia co intercambio. Por iso hoxe na clase traballei o máximo posible cos compañeiros, buscando información pero máis empezando a entrevista mentres que o resto seguía co diálogo.

Temos que traballar moitísimo para que nos dea tempo a acabar o guión. Temos ganas de ir moi rápido e facelo xa, porque se non non nos da tempo. Espero que esta semana traballen os que quedan na clase, Andrés e Daniel González, e traballen duro como era a nosa proposta.

xoves, 14 de abril de 2016

Xoves 14

A traballar duro hoxe estivemos, xa que onte perdimos unha clase pola excursión e Andrés estivo buscando infirmación, por sorte, non perdimos tanto. Empezamos co guión e madre miña, custa moito! Non sei canto tardaremos pero temos que espabilar. Sei que os primeiros días custa bastante, e os últimos tamén porque non sabremos que pór, ou iso supoño.

Decidimos de falar na casa e pasarnos todo o guión e completarlo un pouco no fin de semana, supoño que repartiremos algo na casa porque se non ao mellor non nos da tempo, aínda que espero que si que dea.

Temos moi claro o que imos facer, aínda que creo que todos temos dudas sobre o capitalismo, pero da globalización casi ningunha, eu polo menos. Seguiremos traballando no guión e a información que non temos clara os próximos días para mellorar e o día de facer o guión e grabala facelo ben ou mellor aínda e saber a información precisa.

mércores, 13 de abril de 2016

Mércores 13

Hoxe por mala sorte non tivemos clase, aínda que por unha parte coincidiunos ben ter unha excursión un mércores porque é o día máis pesado e duro polas asignaturas e o peso de mochila. Do meu grupo Andrés non foi á excursión e dixéranos que ía traballar buscando información, espero que así fora.

Fomos a Celanova, visitamos o monasterio e o órgano que é precioso escoitalo, creo que tanto eu como todos quedámosnos coa peza que tocou a muller tan bonita como o momento máis divertido de todo o día, a parte dos momentos libres, que iso a todos gustounos moito. Eu por mi repetía, paseino moi ben e aprendín cosas novas.

martes, 12 de abril de 2016

Martes 12

Segunda semana da avaliación!!! Empezamos traballando duro e algo máis espabilada que a semana anterior. Aínda que máis cansada polos entrenos e de non estar acostumada a madrugar polas vacacións.

Por fin! Hoxe decidimos o tema do que queríamos falar, bueno máis ben dos temas, e como o íamos facer. Aínda que costounos bastante, o conseguimos. Seguimos buscando información eu con Dani López sobre a globalización e Dani González e Andrés sobre o capitalismo en diferentes ordenadores e nos libros. Decidimos pasarnos a información uns aos outros para leela e saber todos dos dous temas, e explicarnos algo entre nós para ver o que comprendimos e o que non. Sabemos que o capitalismo é un tema moi longo pero nós arriesgámonos e o fixemos igualmente, está ben saber de todo aínda que sexa complicado aprender, polo menos pola miña opinión.

xoves, 7 de abril de 2016

Xoves 7

Tercer día, e doume de conta que terceiro cústame moito, olvídanseme as cousas que teño que facer e máis. Doume de conta que estou pero non estou, que propóñome moitas cousas pero non dou feito a metade. Sigo intentándoo, non me rindo, pero cústame moitísimo.

Estos días empezaron a poñer exames e a explicar cousas novas do curso, o noso grupo de xeografía e historia hoxe empezamos a buscar algo de información e mirar en internet varias formas de facer o traballo, aínda que non encontramos todos os tipos de traballo que buscábamos porque non quedaba tempo diximos de facelo o próximo día. A pesar dos malos roios puntuais que hai no me grupo agora levámosnos bastante ben e nos pomos de acordo máis rapidamente e hai máis colaboración. Espero que esta avaliación sexa moito mellor tanto en colaboración como en notas e aprender.

Continúo con ganas aínda que síntome algo atontada, espero espabilar e poñerme ó día con todo e a traballar duro, tanto individualmente como en grupo.

mércores, 6 de abril de 2016

Mércores 6

Segundo día de clase despois das vacacións e eu sigo con ganas de mellorar e escribir, pero sobre todo de aprender.

Como onte non decidíramos o tema final que íamos a facer o traballo fixémolo hoxe, aínda que o principio eliximos o capitalismo un sistema mundial o profe achegouse a nós e a min entroume medo polo simple feito de que díxonos que era moi complicado, e pola súa cara eu e Dani L. non sabíamos que facer, pero o outro Dani dixo que era mellor arriesgarse e seguir para alante con ese tema, e foi das poucas veces que estivemos todos de acordo no primer momento.

Eu con este tema miro que vai ser moi complicado para comoprender e saber todo, e aínda máis complicado será falar durante 15 minutos aproximadamente, porque teríamos que falar todos durante bastante tempo a verdade. Eu o único que non quero é trabarme falando e non vocalizar, espero pórme tranquila e falar despacio. A ver si o consigo, porque é unha das miñas propostas tamén.

Empecei a ler o que poñia no libro de texto sobre o tema que escollimos tanto hoxe na clase con Dani G. como eu na casa e é moi complocado emtender todo de arriba a abaixo.

martes, 5 de abril de 2016

Martes 5

Que ganiñaaaaas!  Hoxe empezamos a terceira avaliación, aínda que polas caras non hai moitas ganas de traballar e estudar eu estou ansiosa de mellorar en todo e ter unhas notazas.

Hoxe na clase de xeografía e historia o profe explicou que temos que poñernos as pilas, por iso, eu teño uns propósitos para esta avaliación, e uns dos máis grandes é o de mellorar o blog, aínda que deixe os dentes no portátil.

Ó principio non sabía a que se refería co de reflexionar, e sigo sin saber moi ben como facer, pero eu tiro para adiante. Como hoxe foi o primer día pois empecei con ganas, o profe deunos a elixir a cada grupo de que tema queriamos facer o traballo, e eu non son moi de elixir algo en concreto, entón sempre opino e dígolles aos demais que opinen tamén e decidimos un pouco entre todos. Pero ao final da clase quedamos entre dous temas para decidir de hoxe para mañán, xa que non puidemos informarnos moito dos temas porque non tiñamos o libro.

No grupo decidimos facer ou un informe ou un diálogo do tema que elixamos, xa que unha entrevista non saberíamos como facela e seríanos moi complicado a todo o grupo.

xoves, 17 de marzo de 2016

Na entrada de onte dinme conta hoxe que non falei que o profe pedira que nos alargásemos máis á hora de escribir nos blogs, porque había blogs que non falan casi nada, e eu dinme de conta que teño que alargarme moito máis á hora de escribir porque a min cústame moito falar das clases e de comentarios ou suxerencias das clases. Pero reflexionei de que teño que escribir máis e estou intentándoo con moito esforzo, e cústame, pero creo que melloro algo aínda que sea pouco.
Onte o profe fíxonos reflexionar a todos, e eu creo que a que máis, aínda que xa mirara a imaxe de que por que a xente diferente fanlle a mesma proba se cada un é como é, porque é inxusto, cada persoa é un mundo e destaca en algunha cousa aínda que sexa pequena.

Hoxe fomos á aula de unformática para facer un traballo que mandounos facer o profe se daba tempo, pero ó meu grupo non lle deu tempo, xa que éramos menos e era demasiado traballo para unha clase e para tres persoas.
Eu non sei se aguantarei moito máis co meu grupo, é insoportable non levarnos ben,  non traballamos cómodos nin organizados, e iso que gústame aprender cousas novas aínda que a asignatura de xeografía e historia cústame moito aprender todo.

mércores, 16 de marzo de 2016

Hoxe primeiramente estivemos falando das autoevaliacións do grupo, despois de que o profesor explicara puxímonos mans a obra a autoevaliarnos, costounos moito, entre que faltaba un membro do grupo e nunca nos poñemos de acordo tardamos moito, pero eu decidin optar porque votaran os dous restantes porque o que dicía non lles importaba nada, pasaban de mi, e a min fastídiame que sendo membro do grupo e das que traballe moito un teña que mandar de máis nos votos, xa que, é en xeral. A verdade e que o grupo que teño non me gusta nada, non quería ese grupo porque sabía o que ía pasar xa que non traballan e eu non podo traballar sola pola falta de tempo, e entre o pouco compañerismo, ideas e imaxiñación que hai no grupo quitan as ganas de facer calquer cosa por eles. Oxalá nalgún momento teñan que facer algúns deles algún traballo sós e non sepan facelo para que aprendan e non sepan facelo, porque é inxusto que sempre traballen os mesmos a maior parte por non dicir toda.

martes, 15 de marzo de 2016

Na clase de hoxe o profe dixéranos o outro día que o noso grupo tiña que expoñer o google maps, e pareceume raro porque só estabamos dous membros do grupo e non sabíamos moi ben como expoñer a verdade. Foi complicado e como eu póñome moi nerviosa nestes casos intentei relaxarme e falar despacio e vocalizando e creo que conseguino. Nestas clases doume de conta que temos moito medo de falar en público e non sabemos expresarnos como deberíamos facelo. Doume conta que eu teño moitos erros á hora de expresarme e facer que os meus propios compañeiros entendan o que eu explico. Tamén doume de conta que non todos somos perfectos, e no meu grupo non é que non nos levemos ben de feito, pero hai moitos problemas porque somos moi  diferentes ou non traballamos por igual todos.

xoves, 10 de marzo de 2016

Na clase de hoxe abrimos o google maps e empezamos a mirar diferentes tipos de universidades e información variada do barroco. O tema máis destacado foi as universidades, xa que, é moi difícil e costeado entrar nelas. Pero din que soñar é gratis, e nós o facemos con tales universidades.

mércores, 9 de marzo de 2016

Hoxe estivemos falando na clase do día da muller traballadora dos tipos de machismo que temos ao redor de nós a diario e que a mayor parte da sociedade é machista, e iso é moi triste e non debería ser así. A min non me gustan nada os machismos nin nada semellante, nin os micromachismos, é un insulto cara todas as mulleres. Creo que hoxe aprendimos moito na clase da realidade e dos millóns de machismos que hai a diario.

martes, 8 de marzo de 2016

Hoxe na clase tocounos expoñer á noso grupo o prezi, eu paseino moi mal porque estaba moi nerviosa polos demás exames e empezei a falar moi rápido, dinme de conta, pero tranquilizeime e intentei mellorar. En xeral dixéronnos  que moi ben, aínda que non estou moi segura diso. Esperamos levar boa nota nesta evaluación porque costounos muito traballar xuntos porque non nos poñíamos de acordo.

xoves, 3 de marzo de 2016

Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de María O, Sara, Alicia e Lucas. Aínda que o traballo estaba moi ben feito era un pouco tostón e non quedaba moi claro a información explicada porque o prezi era moi longo. Pero gustoume moito a verdade, doulles a enoraboa tanto a eles como os outros grupos porque en xeral melloraron moito en conxunto e na comprensión do tema.

mércores, 2 de marzo de 2016

Na clase de hoxe tocoulle ó grupo de Silvia, Rebeca, Pablo e Rubén. Gustoume moito máis que o primer prezi que fixeran, e iso me gusta polo simple feito de que melloraron e esta vez esforzáronse moito máis. Espero que sigan así, porque o seu fondo gustoume moitísimo e para min entendeuse case todo.

martes, 1 de marzo de 2016

Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de Majovaan, tamén coñecido como o grupo de María, Jose Alejandro, Vanesa e Andrea Limia. gustáronme bastante dentro do que cabe, hasta agora creo que os mellores polo simple feito da forma de presentar e a súa presentación, aínda que tiveron fallos, pero como todo o mundo os ten.
Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de Majovaan, tamén coñecido como o grupo de María, Jose Alejandro, Vanesa e Andrea Limia. gustáronme bastante dentro do que cabe, hasta agora creo que os mellores polo simple feito da forma de presentar e a súa presentación, aínda que tiveron fallos, pero como todo o mundo os ten.
Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de Majovaan, tamén coñecido como o grupo de María, Jose Alejandro, Vanesa e Andrea Limia. gustáronme bastante dentro do que cabe, hasta agora creo que os mellores polo simple feito da forma de presentar e a súa presentación, aínda que tiveron fallos, pero como todo o mundo os ten.

xoves, 25 de febreiro de 2016

Hoxe e onte os franceses foron a visitar Valença e Tui pero nos non, tivemos clase normal, e fastidiounos bastante porque queríamos estar con eles durante toda a semana e durante todo o día. Na clase de onte estivemos presentando os traballos e tocoulle ó grupo de Andrea, Roberto, Marta e Miguel. Non estivo mal dentro do que cabe, pero tiveron algúns fallos. Hoxe tocoulle o grupo de Alejo, Germán, Ángel e Elena, gustáronme máis que o outro grupo.

martes, 23 de febreiro de 2016

Hoxe non tivemos clase xa que os do intercambio pasamos todo o día en Santiago de Compostela. Pero a xente que non está no intercambio e quedouse en clase estivo retocando os traballos e repasando cousas dos traballos, según o que me contaron. Aínda que os do intercambio da nosa clase éramos moi poucos, dixéronnos que deron clase normal porque solo faltaron sete persoas.

xoves, 18 de febreiro de 2016

O martes, onte e hoxe estivemos finalizando o prezi e comenzando co google maps e a liña do tempo. Aínda que imos moi xustos de tempo xa que no meu grupo faltaron varios varios días a algunhas veces non hai coordinación nin tempo para rematalo. O meu grupo a min non me gusta, xa que sou a única chica e penso diferente moitas veces que os demais. Temos moitos problemas co grupo, xa que Dani González non para de fastidiar e facer o que lle peta sin consultar ó grupo e pareceunos moi mal.

xoves, 11 de febreiro de 2016

Hoxe viu o novo sustituto de Bieito, Carlos. Preguntounos que que estabamos a facer e de que trataba e a forma na que o faciamos e contestámoslle a todo con amabilidade. Aínda que era raro porque tiña o pelo longo pareceume moi simpático.

mércores, 10 de febreiro de 2016

Hoxe e onte non tivemos clase porque foi carnaval. Eu aprobeitei para ir ver os poucos desfiles que se fixeron polo mal tempo, porque eu desfilaba.

xoves, 4 de febreiro de 2016

Hoxe estivemos dándolle os últimos retoques ao prezi que miráramos onte Andrés e eu e o enviamos ó resto do equipo, xa que, están os dous Danieles enfermos. Espero que lles guste e o próximo xoves nos digan o que cambiarían.

mércores, 3 de febreiro de 2016

Na clase de hoxe, como o profe onte dixo que tiñamos que empezar o prezi de novo e simplificalo ao máximo, eu e Andrés o fixemos sós porque o resto do equipo non está e non poden traballar.

martes, 2 de febreiro de 2016

Hoxe o profe díxonos que non íamos presentar, pero a min sacoume ao encerado e díxome que explicara o absolutismo e o parlamentarismo en europa no barroco. Paseino moi mal porque non sabía que dicir, porque contábame que non era así como o tiña que facer, entón estreseime.

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Hoxe na clase non dimos acabado o prezi e repartímonos o traballo para casa porque só quedaba un día e non podíamos deixalo sin facer.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Hoxe non pudimos ir á aula de informática porque estaba ocupada, entón fomos á biblioteca e traballamos alí como sempre. Aínda que quédanos moi pouco para entregar o traballo e imos moi xustos de tempo.

martes, 26 de xaneiro de 2016

Hoxe seguimos co prezi, no noso grupo cústanos moito repartinos o traballo porque non hai muito donde buscar ou que saber, pero o conseguimos.

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Hoxe e onte empezamos co traballo, porque ó noso grupo tocoulle o absolutismo e o parlamentarismo, e repartimos o traballo en roles.

martes, 19 de xaneiro de 2016

Hoxe eu non fun a clase porque estou enferma, pero como seguramente mañán irei xa me informarei de todo un poco do que fixeron hoxe.

xoves, 14 de xaneiro de 2016

O profe hoxe seguiu explicando un pouco de todo e díxonos que para a semana que ven empezábamos cos traballos da segunda avaliación, e iso espero porque a min as clases así non me chistan moito, xa que, eu aprendo mellor facendo traballos ou participando na teoría que damos.

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Hoxe, o profe empezou a falar que as mulleres fai moito tempo eran as que peor o pasaban e puxo exemplos. Cando acabou a clase díxonos que hoxe era o último dia de explicación, ou iso tiña el pensado.

martes, 12 de xaneiro de 2016

Na clase de hoxe o profe, de camiño á aula de informática encontrou unha rata, e intentou votala de alí porque algunha xente lles tiña medo. Ao chegar á aula, o profe púxonos máis fotos e seguiu explicando cousas.

xoves, 7 de xaneiro de 2016

Hoxe, na primeira clase do ano de xeografía e historia o profe explicounos que aínda non sabe como imos organizar esta avaliación, entón explicounos bastante teoría, aínda que non nos gusta moito, pareceunos un pouco raro porque era a primeira vez que o fixo. Non sei que faremos o próximo día.