xoves, 5 de maio de 2016

Xoves 5

E seguimos o mesmo destes dous días anteriores resumindo e eliminando cousas do guión, fáiseme eterno e moi complicado a min e a Dani L. Hoxe casi acabamos pero estivemos falando para quedar e grabar o traballo e tamén para facer cousas na casa porque tiñamos que meter información e ideas novas de última hora que eran boas ideas pero costan moito facelo, como todo neste traballo dame por pensar ás veces. Pero eu espero que salga todo ben e saber vocalizar á hora de grabar o guión e aínda máis non trabarme, porque normalmente cando falo o fago, e non quero fastidiar o traballo, é moi complicado a verdade.

Casi acabamos de resumir por sorte, acabarei na casa eu o que quede máis ou menos, e Dani fai unha parte do traballo e o outro Dani e Andrés quedaron entre eles en facer cousas na casa creo, porque dividímonos o traballo en dous, aínda que hoxe non traballamos moito porque non había internet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario