mércores, 30 de setembro de 2015

Na clase de onte e de hoxe estivemos na aula de informática porque temos que facer unha liña do tempo e un scoop.it sobre o renacemento, e despois presentar o noso traballo feito estes dias.
Xa que andamos moi apretados de tempo, pedímoslle ao profesor que nos dera ata a semana que ven, porque se non a ningún grupo dáballe tempo.

xoves, 24 de setembro de 2015

Hoxe, tamén estivemos co dipity e vimos un titorial para saber como era, xa que é a primeira vez que entramos nesa páxina. Aínda que nos é díficil buscar a información seguimos niso e incluso dedicámonos en casa a buscala, xa que, na aula de informática non encontramos moito.

mércores, 23 de setembro de 2015

Na clase de hoxe, empezamos cós grupos para os traballos na aula de informática. Fixemos unha páxina en scoop.it e en dipity. Aínda que non sabemos ben como funcionan.

martes, 22 de setembro de 2015

Hoxe, na segunda clase do curso de xeografía e historia, o profesor explicounos as diferentes páxinas e modelos de traballos para aprender, para que despois poder xuntarse cós grupos na clase e traballar neles. Tamén falounos que os grupos tiñan que ser compensados e ter que xuntarse as nenas e nenos nun grupo xunto de catro persoas.