xoves, 25 de febreiro de 2016

Hoxe e onte os franceses foron a visitar Valença e Tui pero nos non, tivemos clase normal, e fastidiounos bastante porque queríamos estar con eles durante toda a semana e durante todo o día. Na clase de onte estivemos presentando os traballos e tocoulle ó grupo de Andrea, Roberto, Marta e Miguel. Non estivo mal dentro do que cabe, pero tiveron algúns fallos. Hoxe tocoulle o grupo de Alejo, Germán, Ángel e Elena, gustáronme máis que o outro grupo.

martes, 23 de febreiro de 2016

Hoxe non tivemos clase xa que os do intercambio pasamos todo o día en Santiago de Compostela. Pero a xente que non está no intercambio e quedouse en clase estivo retocando os traballos e repasando cousas dos traballos, según o que me contaron. Aínda que os do intercambio da nosa clase éramos moi poucos, dixéronnos que deron clase normal porque solo faltaron sete persoas.

xoves, 18 de febreiro de 2016

O martes, onte e hoxe estivemos finalizando o prezi e comenzando co google maps e a liña do tempo. Aínda que imos moi xustos de tempo xa que no meu grupo faltaron varios varios días a algunhas veces non hai coordinación nin tempo para rematalo. O meu grupo a min non me gusta, xa que sou a única chica e penso diferente moitas veces que os demais. Temos moitos problemas co grupo, xa que Dani González non para de fastidiar e facer o que lle peta sin consultar ó grupo e pareceunos moi mal.

xoves, 11 de febreiro de 2016

Hoxe viu o novo sustituto de Bieito, Carlos. Preguntounos que que estabamos a facer e de que trataba e a forma na que o faciamos e contestámoslle a todo con amabilidade. Aínda que era raro porque tiña o pelo longo pareceume moi simpático.

mércores, 10 de febreiro de 2016

Hoxe e onte non tivemos clase porque foi carnaval. Eu aprobeitei para ir ver os poucos desfiles que se fixeron polo mal tempo, porque eu desfilaba.

xoves, 4 de febreiro de 2016

Hoxe estivemos dándolle os últimos retoques ao prezi que miráramos onte Andrés e eu e o enviamos ó resto do equipo, xa que, están os dous Danieles enfermos. Espero que lles guste e o próximo xoves nos digan o que cambiarían.

mércores, 3 de febreiro de 2016

Na clase de hoxe, como o profe onte dixo que tiñamos que empezar o prezi de novo e simplificalo ao máximo, eu e Andrés o fixemos sós porque o resto do equipo non está e non poden traballar.

martes, 2 de febreiro de 2016

Hoxe o profe díxonos que non íamos presentar, pero a min sacoume ao encerado e díxome que explicara o absolutismo e o parlamentarismo en europa no barroco. Paseino moi mal porque non sabía que dicir, porque contábame que non era así como o tiña que facer, entón estreseime.