mércores, 1 de xuño de 2016

Mércores 1

Bueno, por fin empezamos co thinglink na clase, aínda que moita xente non pudo facer nada polo feito de que non había ordenadores para todos. Eu tiven sorte, cheguei das primeiras a esa clase e collín un ordenador que funcionaba moi ben.

Creei a conta e abrín o libro polo tema que me tocou, o réximen democrático, para aclararme do que era e como ía facer máis ou menos o traballo, xa que era a primeira vez que traballaba con esa aplicación. Costoume un pouco ó principio porque non sabía a onde tiña que darlle, pero benditos titoriais de Youtube que che din como tes que facer, creo que é a salvación de moitos de nós.

Antes de que acabara a clase, o profe chamou o meu grupo, dadaanka, e fíxonos algunhas preguntas para facer unha autoevaliación grupal con el diante. A verdade e que eu creo que este traballo saínos un pouco mal, porque pusimos demasiado tostón e nada de música, e había partes, que non se entendía nada porque a min cóstame moitísimo vocalizar, e outras partes que era falar tan seguido que aburríaste. Eu espero que non se volva a repetir, porque a min no me gustou moito..

martes, 31 de maio de 2016

Martes 31

Hoxe foi o día da homenaxe a Indalecio Pérez Tizón e non puidemos dar clase a partir do primer recreo ata última hora, e por mala sorte, coincidía en perder xeografía e historia, aínda que valeu a pena mirar aos meus compañeiros tanto actuar, como bailar, como cantar, como ler e como tocar instrumentos, porque sinceramente, pola miña parte chapó, dinlles a todos a noraboa porque o fixeron de 10. É un orgullo ter non só compañeiros, se non amigos con este talento tan grandioso e favorecido.

Eu non coñecín a Indalecio como profesor, só de vista polo meu irmán, pero tal e como me falaron del parecía un moi bo home, atento a todo e que quería que o ensino fose máis entretido e fácil de aprender, cousa que eu creo que por unha parte logrou.

Encantoume a gala, creo que é o mellos homenaxe que eu vira na miña vida a verdade. E todo esto grazas a xente que o fixo capaz, ten moito mérito, tanto ex alumnos como alumnos actuais tanto como profesores.

xoves, 26 de maio de 2016

Xoves 26

Bueno, hoxe, non puido vir o profesor, aínda que tiñamos que empezar co thinglink porque en nada hai que entregalo. Entón dedicamos a clase de hoxe en traballar noutras asignaturas e cando acabamos, xogamos uns poucos ao tutti fruti coa profesora de guarda, e pasámoslo moi ben a verdade, foi un día productivo porque faltaron varios profesores e tivemos clases nas que non había que facer moito.

A min gústame moito os xoves, creo que é o mellor día da semana en asignaturas, e a mochila é o día que menos pesa, porque é unha barbaridade o que pesa a nosa idade, sobre 9/10 kg diarios, é demasiado.

mércores, 25 de maio de 2016

Mércores 25

Por fin!!! Hoxe acabamos xa cós guións de expoñelos, aínda que a medias porque quedaban uns minutos para rematar cando tocou e o profe dixo que non pasaba nada, que xa era suficiente.

O primeiro grupo foi o de Alejo, Elena, Germán e Ángel falando dos conflictos en España e no resto do mundo, aínda que me costou entender algunhas partes, fixéronno moi ben, tiñan música rusa cando falaron de Rusia e máis cancións. Para min foron bastante perfeccionistas, porque fixeron creo recordar 15:06 minutos aprox de guión e incluso podían facer menos, porque polo medio houbo tempos mortos e podían eliminalos.

O seguinte grupo e o último en expoñer foi o de Rebeca, Pablo, Silvia e Rubén, gustoume bastante a verdade, dentro do que cabe, creo polo simple feito de que entereime bastante ben das cousas e porque tamén, tiñan música sempre de fondo e entre tema e tema. Eles decidiron falar sobre o terrorismo e os diferentes atentados, como o das torres xemelgas.

En xeral o día de hoxe gustoume bastante a verdade, bos guións e axustados ó tempo pedido.

martes, 24 de maio de 2016

Martes 24

Hoxe seguimos cos guións, os primeiros en expoñer foi o grupo de majovaan e para min uns dos mellore polo momento, puxeron anuncios, moita música moderna tanto en inglés como en español, chamadas aos "oíntes" para min foi moi divertido e fíxoseme entretido. Falaron sobre a contaminación, as pilas en concreto, onde ai que tiralas e o que contaminan neste mundo máis detalladamente.

Os seguintes teoricamente ía ser o grupo de Silvia, Rebeca, Pablo e Rubén, pero non puideron porque non se lles subia e se non non se escoitaba moito, e deixáronno para outro día, eu espero moito deles, e espero que lles saia moi ben e que teñan boa nota, pero iso hai que velo antes de nada. A verdade que estas clases fanme aprender bastante mellor e con máis facilidade que chapando todo o temario para despois moitas veces olvidarnos de moitas cousas, e así facendo traballos é máis entretido e recordamos mellor as cousas.

xoves, 19 de maio de 2016

Xoves 19


Como onte o grupo lsma (Lucas, Sara, María e Alicia) non  pudo expoñer polas razóns xa explicadas tocoulle expoñer hoxe de primeiros, e o fixeron bastante ben, aínda que o son non era moi bo. Falaron sobre o tema dos refugiados, que necesitan axuda e como poderíamos axudalos.

Despois de eles, ía o grupo de Roberto, Marta, Andrea e Miguel. Falaron sobre a contaminación mundial en xeral, as principais causas e as posibles solucións. Non me gustou moito porque escoitábase moi mal e non o tiñan ben cortado nin preparado para expoñer, pero non voume queixar, xa que, non sei como opinaran eles do guión do meu grupo. 

A verdade é que eu esperábame enterarme menos do que falaban nos guións, pero se estás atenta consígueo e quédaste con case todo.

mércores, 18 de maio de 2016

Mércores 18

Hoxe foi un día no que pasei moita vergoña, tocounos ao noso grupo expoñer os primeiros e iso non é bo, porque a xente non ten con qué comparar o traballo e puntúan de menos. Escoitábase ben, pero o problema e que algunhas veces eu falaba moi rápido e non vocalizaba entón ninguén entendia o que dicíamos.

Teóricamente tamén lle tocaba a outro grupo expoñer pero días anteriores perderan todo o traballo e non o poideron expoñer, iso significaba que a clase acababa ahí e que ían ter menos nota, claro está, porque era inxusto.

Espero que o próximo día o teñan feito para porlle unha nota boa, porque é un dos mellores grupos ata o momento.