xoves, 17 de decembro de 2015

O martes, onte e hoxe o profe deixounos preparar todo para o venres, no concurso de sabores do mundo.

xoves, 10 de decembro de 2015

Na clase de hoxe, estabamos a piques de acabar o esquema, a maioría o tiña case acabado e solo lle faltaba darlle un repaso e retocar e colocar algunha que outra cousa máis. Eu xa o acabei aínda que non estou segura de que esté ben.

mércores, 9 de decembro de 2015

Hoxe seguimos co mapa conceptual, admitimos todos que era complicado porque non sabíamos se era moi alongado ou moi curto. Pero o continuamos e creemos que está bastante ben de momento.

martes, 8 de decembro de 2015

Hoxe non houbo clase porque é festivo, pero eu vou a aproveitar para continuar no mindomo.

xoves, 3 de decembro de 2015

Hoxe empezamos co traballo que explicou onte o profe. Eu empezei en mindomo porque chamoume máis a atención e gustoume máis. A verdade é que costa moito facelo porque hai que reducir moito a información.

mércores, 2 de decembro de 2015

Na clase de hoxe, empezamos coas preguntas para o grupo de onte, e como non o irmán de María fíxolle moitas preguntas ao seu grupo para fastidiarlles un pouco. Despois de esto o profe explicou o seguinte que temos que facer individualmente. Cada un ten que facer un mapa conceptual do renacemento en mindomo o mindmeister.

martes, 1 de decembro de 2015

Hoxe tocoulles presentar a María, Alicia, Sara e Lucas. Para o meu gusto tiñan demasiada información e moi longa. Aínda que o tiñan ben exposto, sabían do tema e explicarse ben. Como hoxe non dera tempo a facerlles preguntas as deixamos para mañán.

xoves, 26 de novembro de 2015

Hoxe presentou o grupo de María, Vanesa, Jose e Andrea. O fixeron moi ben, gústame moito como están facendo estas presentacións, aínda que queda un grupo por presentar, e os que xa presentaron van a preguntar moito porque eles tamén o fixeron. Molan moito estas clases, son divertidas.

mércores, 25 de novembro de 2015

Hoxe tocoulles expoñer ao grupo de Elena, Alejo, Germán e Ángel. Gustoume moito a súa metáfora na que basaron o prezi, sabían o que explicaban e o que facían. Aínda que os compañeiros fixéronlle moitas preguntas moi complicadas, souberon saír do paso e ben. Un dos mellores ata o momento.

martes, 24 de novembro de 2015

Hoxe, tocounos ao noso grupo expoñer, estábamos moi nerviosos porque non o puidemos acabar. Ao fin e ao cabo dixéronnos que o fixemos moi ben, aínda que non o creo moito, pero polo menos, fixemos o que pudimos.

xoves, 19 de novembro de 2015

Hoxe, tocoulles espoñer ó grupo de Silvia, Rebeca, Pablo e Rubén. Comparando co grupo de onte fixéronno moi ben e tamén có anterior traballo. Puxímoslle boa nota en comparación aínda que, como todos, temos que mellorar algunhas cousas. O próximo día tócanos ao noso grupo.

mércores, 18 de novembro de 2015

Na clase de hoxe empezamos coas presentacións, co grupo de Miguel, Marta, Andrea e Roberto. Para o meu gusto fixéronno moi mal, non sabían o que puxeran e non tiña nada sentido, para mi o prezi moi soso sen imaxes ni videos. Todos os grupos tomamos nota para intentar facelo mellor e ter boa nota. Puxímonos todos de acordo para puntuar, estaba moi claro. Esperemos no meu grupo facelo mellor.

martes, 17 de novembro de 2015

Hoxe, martes 17, o noso profesor Bieito volveu despois de tres semanas que pasaron moi rápidas, explicounos que teníamos que presentar os prezis e ordenou quen ía ir primeiro e os seguintes. Preguntounos cousas sobre estas semanas e contestámoslle. No meu grupo explicámoslle que non o poidemos acabar porque na casa non ía e non sabíamos que facer.

xoves, 12 de novembro de 2015

O último día para facer o prezi, hoxe, na clase, ordenamos e colocamos todo bastante ben. Hoxe tamén foi o último día de Virginia, aínda que non fixo gran cousa, solo aturarnos, hoxe, estábamos moi nerviosos e extresados polos examen e traballos e chamounos a atención, pero polo resto bastante ben en resumo. O traballo xa o acabamos, aínda que ímoslle dar uns toques por seascaso. Gustoume facer o prezi e o maps, pero máis o prezi, encántame todo o que sean presentacións, aínda que me poño moi nerviosa con calquer cousa de presentar. Aprendín moito facendo estes traballos, firéronme de moita axuda para aprender dunha forma diferente e divertida.

mércores, 11 de novembro de 2015

Hoxe, tamén estivemos co prezi, xa que esta semana é o que toca facer para entregalo mañán como mui tardar ás 23:59. Adelantamos moitísimo hoxe, non nos complicamos moito na hora de facelo, pero creemos que de momento vai bastante ben.

martes, 10 de novembro de 2015

Hoxe, empezamos o prezi, guiámonos polos tutoriais que buscamos en youtube. Co prezi hoxe, lle pusimos o fondo e aclaramos como íamos facer, repartíndonos o traballo entre os catro.

xoves, 5 de novembro de 2015

Hoxe apuramos moitísimo porque andábamos moi xustos de tempo, pero repartímonos o traballo no grupo e conseguimos acabalo a tempo por sorte.

mércores, 4 de novembro de 2015

Hoxe na clase continuamos o maps e descubrimos moitas cosas novas que non sabíamos. Virginia, a profesora sustituta vixilou o que estábamos a facer e axudounos ao que necesitábamos.

martes, 3 de novembro de 2015

Hoxe na clase empezamos o Google Maps e explicámoslle a profesora sustituta o que estamos a facer nas clases, a parte de presentarnos e presentarse.

xoves, 29 de outubro de 2015

Hoxe, o meu grupo xa acabou o linoit, pero faltounos ordenalo ben, e o fixemos na casa.

mércores, 28 de outubro de 2015

Na clase de hoxe estivemos acabando o linoit para entregalo mañán. Aínda non o acabamos pero nos queda moi puco. A parte a clase de hoxe fíxosenos moi curta e se pasou voando.

martes, 27 de outubro de 2015

Hoxe, estivemos co linoit e empezando un pouco o padlet e o maps, costounos un pouco, xa que non controlamos moito. Pero ao fin e ao cabo o conseguimos buscando en youtuve e coa axuda dos nosos compañeros tamén.

xoves, 22 de outubro de 2015

Onte e hoxe estivemos preparando o seguinte traballo que mandounos facer, repartímonos entre nos o traballo e o empezamos.

mércores, 21 de outubro de 2015

Hoxe, mércores 21, lle tocou ó meu grupo expoñer. Eu paseino mal a causa dos nervos, e aínda máis en ingles. Trábome e non sei nin o que digo. Os meus compañeiros dixéronme que o fixemos bastante ben, aínda que non falamos todos por igual.

martes, 20 de outubro de 2015

Na clase de hoxe tocoulle presentar ó grupo de María, Sara e Lucas. Faltou Alicia no seu grupo porque está enferma. Espero que se recupere. O fixeron moi ben, o inglés de María é moi bo e soubo explicarse ben e guiarse ben.

xoves, 15 de outubro de 2015

Hoxe, xoves, non tivemos clase a causa de que o profesor faltou e aproveitamos a hora para facer exercicios.

mércores, 14 de outubro de 2015

Hoxe, presentaron o grupo de Helena, Germán, Ángel e Alejo. Tamén o fixeron bastante ben, uns dos mellores ata o momento. Gustoume moito en xeral o seu traballo.

martes, 13 de outubro de 2015

Na clase de hoxe lle tocou ó grupo de Miguel, Roberto, Andrea e Marta. Tamén acabaron de presentar o seu scoop o grupo do anterior xoves. Aínda que ó grupo de Miguel e demáis tiveron problemas co scoop, o van a acabar o próximo martes. En xeral fixérono bastante ben.

xoves, 8 de outubro de 2015

Hoxe, na clase de xeografía e historia seguimos coas presentacións. Esta vez tocoulle ó grupo de Vanesa, Jose, María e Andrea. Fixéronno bastante ben, en xeral o meu grupo lle puso boas notas, aínda que non acabaron de presentalo e teñen que acabar o próximo martes.

mércores, 7 de outubro de 2015

Hoxe na clase, empezamos coas presentacións dos traballos feitos en todas as clases anteriores. Empezou o grupo de Rubén, Rebeca, Pablo e Silvia, que aínda que non o fixeron moi ben o intentaron a pesar dos nervos que tiñan enrriba. Tamén o profesor deunos unha folla para calificar o seu traballo cuns números do 1 ao 4.

martes, 6 de outubro de 2015

Hoxe, aínda que o Internet non funcionara moi ben preparamos todo para a exposición e acabamos o traballo.

xoves, 1 de outubro de 2015

Hoxe non tivemos clase porque tivemos unha excursión por Tui para saber un pouco máis de onde vivimos.

mércores, 30 de setembro de 2015

Na clase de onte e de hoxe estivemos na aula de informática porque temos que facer unha liña do tempo e un scoop.it sobre o renacemento, e despois presentar o noso traballo feito estes dias.
Xa que andamos moi apretados de tempo, pedímoslle ao profesor que nos dera ata a semana que ven, porque se non a ningún grupo dáballe tempo.

xoves, 24 de setembro de 2015

Hoxe, tamén estivemos co dipity e vimos un titorial para saber como era, xa que é a primeira vez que entramos nesa páxina. Aínda que nos é díficil buscar a información seguimos niso e incluso dedicámonos en casa a buscala, xa que, na aula de informática non encontramos moito.

mércores, 23 de setembro de 2015

Na clase de hoxe, empezamos cós grupos para os traballos na aula de informática. Fixemos unha páxina en scoop.it e en dipity. Aínda que non sabemos ben como funcionan.

martes, 22 de setembro de 2015

Hoxe, na segunda clase do curso de xeografía e historia, o profesor explicounos as diferentes páxinas e modelos de traballos para aprender, para que despois poder xuntarse cós grupos na clase e traballar neles. Tamén falounos que os grupos tiñan que ser compensados e ter que xuntarse as nenas e nenos nun grupo xunto de catro persoas.