xoves, 28 de xaneiro de 2016

Hoxe na clase non dimos acabado o prezi e repartímonos o traballo para casa porque só quedaba un día e non podíamos deixalo sin facer.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Hoxe non pudimos ir á aula de informática porque estaba ocupada, entón fomos á biblioteca e traballamos alí como sempre. Aínda que quédanos moi pouco para entregar o traballo e imos moi xustos de tempo.

martes, 26 de xaneiro de 2016

Hoxe seguimos co prezi, no noso grupo cústanos moito repartinos o traballo porque non hai muito donde buscar ou que saber, pero o conseguimos.

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Hoxe e onte empezamos co traballo, porque ó noso grupo tocoulle o absolutismo e o parlamentarismo, e repartimos o traballo en roles.

martes, 19 de xaneiro de 2016

Hoxe eu non fun a clase porque estou enferma, pero como seguramente mañán irei xa me informarei de todo un poco do que fixeron hoxe.

xoves, 14 de xaneiro de 2016

O profe hoxe seguiu explicando un pouco de todo e díxonos que para a semana que ven empezábamos cos traballos da segunda avaliación, e iso espero porque a min as clases así non me chistan moito, xa que, eu aprendo mellor facendo traballos ou participando na teoría que damos.

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Hoxe, o profe empezou a falar que as mulleres fai moito tempo eran as que peor o pasaban e puxo exemplos. Cando acabou a clase díxonos que hoxe era o último dia de explicación, ou iso tiña el pensado.

martes, 12 de xaneiro de 2016

Na clase de hoxe o profe, de camiño á aula de informática encontrou unha rata, e intentou votala de alí porque algunha xente lles tiña medo. Ao chegar á aula, o profe púxonos máis fotos e seguiu explicando cousas.

xoves, 7 de xaneiro de 2016

Hoxe, na primeira clase do ano de xeografía e historia o profe explicounos que aínda non sabe como imos organizar esta avaliación, entón explicounos bastante teoría, aínda que non nos gusta moito, pareceunos un pouco raro porque era a primeira vez que o fixo. Non sei que faremos o próximo día.