Na entrada de onte dinme conta hoxe que non falei que o profe pedira que nos alargásemos máis á hora de escribir nos blogs, porque había blogs que non falan casi nada, e eu dinme de conta que teño que alargarme moito máis á hora de escribir porque a min cústame moito falar das clases e de comentarios ou suxerencias das clases. Pero reflexionei de que teño que escribir máis e estou intentándoo con moito esforzo, e cústame, pero creo que melloro algo aínda que sea pouco.
Onte o profe fíxonos reflexionar a todos, e eu creo que a que máis, aínda que xa mirara a imaxe de que por que a xente diferente fanlle a mesma proba se cada un é como é, porque é inxusto, cada persoa é un mundo e destaca en algunha cousa aínda que sexa pequena.
Hoxe fomos á aula de unformática para facer un traballo que mandounos facer o profe se daba tempo, pero ó meu grupo non lle deu tempo, xa que éramos menos e era demasiado traballo para unha clase e para tres persoas.
Eu non sei se aguantarei moito máis co meu grupo, é insoportable non levarnos ben, non traballamos cómodos nin organizados, e iso que gústame aprender cousas novas aínda que a asignatura de xeografía e historia cústame moito aprender todo.
xoves, 17 de marzo de 2016
mércores, 16 de marzo de 2016
Hoxe primeiramente estivemos falando das autoevaliacións do grupo, despois de que o profesor explicara puxímonos mans a obra a autoevaliarnos, costounos moito, entre que faltaba un membro do grupo e nunca nos poñemos de acordo tardamos moito, pero eu decidin optar porque votaran os dous restantes porque o que dicía non lles importaba nada, pasaban de mi, e a min fastídiame que sendo membro do grupo e das que traballe moito un teña que mandar de máis nos votos, xa que, é en xeral. A verdade e que o grupo que teño non me gusta nada, non quería ese grupo porque sabía o que ía pasar xa que non traballan e eu non podo traballar sola pola falta de tempo, e entre o pouco compañerismo, ideas e imaxiñación que hai no grupo quitan as ganas de facer calquer cosa por eles. Oxalá nalgún momento teñan que facer algúns deles algún traballo sós e non sepan facelo para que aprendan e non sepan facelo, porque é inxusto que sempre traballen os mesmos a maior parte por non dicir toda.
martes, 15 de marzo de 2016
Na clase de hoxe o profe dixéranos o outro día que o noso grupo tiña que expoñer o google maps, e pareceume raro porque só estabamos dous membros do grupo e non sabíamos moi ben como expoñer a verdade. Foi complicado e como eu póñome moi nerviosa nestes casos intentei relaxarme e falar despacio e vocalizando e creo que conseguino. Nestas clases doume de conta que temos moito medo de falar en público e non sabemos expresarnos como deberíamos facelo. Doume conta que eu teño moitos erros á hora de expresarme e facer que os meus propios compañeiros entendan o que eu explico. Tamén doume de conta que non todos somos perfectos, e no meu grupo non é que non nos levemos ben de feito, pero hai moitos problemas porque somos moi diferentes ou non traballamos por igual todos.
xoves, 10 de marzo de 2016
mércores, 9 de marzo de 2016
Hoxe estivemos falando na clase do día da muller traballadora dos tipos de machismo que temos ao redor de nós a diario e que a mayor parte da sociedade é machista, e iso é moi triste e non debería ser así. A min non me gustan nada os machismos nin nada semellante, nin os micromachismos, é un insulto cara todas as mulleres. Creo que hoxe aprendimos moito na clase da realidade e dos millóns de machismos que hai a diario.
martes, 8 de marzo de 2016
Hoxe na clase tocounos expoñer á noso grupo o prezi, eu paseino moi mal porque estaba moi nerviosa polos demás exames e empezei a falar moi rápido, dinme de conta, pero tranquilizeime e intentei mellorar. En xeral dixéronnos que moi ben, aínda que non estou moi segura diso. Esperamos levar boa nota nesta evaluación porque costounos muito traballar xuntos porque non nos poñíamos de acordo.
xoves, 3 de marzo de 2016
Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de María O, Sara, Alicia e Lucas. Aínda que o traballo estaba moi ben feito era un pouco tostón e non quedaba moi claro a información explicada porque o prezi era moi longo. Pero gustoume moito a verdade, doulles a enoraboa tanto a eles como os outros grupos porque en xeral melloraron moito en conxunto e na comprensión do tema.
mércores, 2 de marzo de 2016
martes, 1 de marzo de 2016
Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de Majovaan, tamén coñecido como o grupo de María, Jose Alejandro, Vanesa e Andrea Limia. gustáronme bastante dentro do que cabe, hasta agora creo que os mellores polo simple feito da forma de presentar e a súa presentación, aínda que tiveron fallos, pero como todo o mundo os ten.
Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de Majovaan, tamén coñecido como o grupo de María, Jose Alejandro, Vanesa e Andrea Limia. gustáronme bastante dentro do que cabe, hasta agora creo que os mellores polo simple feito da forma de presentar e a súa presentación, aínda que tiveron fallos, pero como todo o mundo os ten.
Hoxe tocoulle expoñer ó grupo de Majovaan, tamén coñecido como o grupo de María, Jose Alejandro, Vanesa e Andrea Limia. gustáronme bastante dentro do que cabe, hasta agora creo que os mellores polo simple feito da forma de presentar e a súa presentación, aínda que tiveron fallos, pero como todo o mundo os ten.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)