Na entrada de onte dinme conta hoxe que non falei que o profe pedira que nos alargásemos máis á hora de escribir nos blogs, porque había blogs que non falan casi nada, e eu dinme de conta que teño que alargarme moito máis á hora de escribir porque a min cústame moito falar das clases e de comentarios ou suxerencias das clases. Pero reflexionei de que teño que escribir máis e estou intentándoo con moito esforzo, e cústame, pero creo que melloro algo aínda que sea pouco.
Onte o profe fíxonos reflexionar a todos, e eu creo que a que máis, aínda que xa mirara a imaxe de que por que a xente diferente fanlle a mesma proba se cada un é como é, porque é inxusto, cada persoa é un mundo e destaca en algunha cousa aínda que sexa pequena.
Hoxe fomos á aula de unformática para facer un traballo que mandounos facer o profe se daba tempo, pero ó meu grupo non lle deu tempo, xa que éramos menos e era demasiado traballo para unha clase e para tres persoas.
Eu non sei se aguantarei moito máis co meu grupo, é insoportable non levarnos ben, non traballamos cómodos nin organizados, e iso que gústame aprender cousas novas aínda que a asignatura de xeografía e historia cústame moito aprender todo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario