martes, 5 de abril de 2016

Martes 5

Que ganiñaaaaas!  Hoxe empezamos a terceira avaliación, aínda que polas caras non hai moitas ganas de traballar e estudar eu estou ansiosa de mellorar en todo e ter unhas notazas.

Hoxe na clase de xeografía e historia o profe explicou que temos que poñernos as pilas, por iso, eu teño uns propósitos para esta avaliación, e uns dos máis grandes é o de mellorar o blog, aínda que deixe os dentes no portátil.

Ó principio non sabía a que se refería co de reflexionar, e sigo sin saber moi ben como facer, pero eu tiro para adiante. Como hoxe foi o primer día pois empecei con ganas, o profe deunos a elixir a cada grupo de que tema queriamos facer o traballo, e eu non son moi de elixir algo en concreto, entón sempre opino e dígolles aos demais que opinen tamén e decidimos un pouco entre todos. Pero ao final da clase quedamos entre dous temas para decidir de hoxe para mañán, xa que non puidemos informarnos moito dos temas porque non tiñamos o libro.

No grupo decidimos facer ou un informe ou un diálogo do tema que elixamos, xa que unha entrevista non saberíamos como facela e seríanos moi complicado a todo o grupo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario