Segundo día de clase despois das vacacións e eu sigo con ganas de mellorar e escribir, pero sobre todo de aprender.
Como onte non decidíramos o tema final que íamos a facer o traballo fixémolo hoxe, aínda que o principio eliximos o capitalismo un sistema mundial o profe achegouse a nós e a min entroume medo polo simple feito de que díxonos que era moi complicado, e pola súa cara eu e Dani L. non sabíamos que facer, pero o outro Dani dixo que era mellor arriesgarse e seguir para alante con ese tema, e foi das poucas veces que estivemos todos de acordo no primer momento.
Eu con este tema miro que vai ser moi complicado para comoprender e saber todo, e aínda máis complicado será falar durante 15 minutos aproximadamente, porque teríamos que falar todos durante bastante tempo a verdade. Eu o único que non quero é trabarme falando e non vocalizar, espero pórme tranquila e falar despacio. A ver si o consigo, porque é unha das miñas propostas tamén.
Empecei a ler o que poñia no libro de texto sobre o tema que escollimos tanto hoxe na clase con Dani G. como eu na casa e é moi complocado emtender todo de arriba a abaixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario