Tercer día, e doume de conta que terceiro cústame moito, olvídanseme as cousas que teño que facer e máis. Doume de conta que estou pero non estou, que propóñome moitas cousas pero non dou feito a metade. Sigo intentándoo, non me rindo, pero cústame moitísimo.
Estos días empezaron a poñer exames e a explicar cousas novas do curso, o noso grupo de xeografía e historia hoxe empezamos a buscar algo de información e mirar en internet varias formas de facer o traballo, aínda que non encontramos todos os tipos de traballo que buscábamos porque non quedaba tempo diximos de facelo o próximo día. A pesar dos malos roios puntuais que hai no me grupo agora levámosnos bastante ben e nos pomos de acordo máis rapidamente e hai máis colaboración. Espero que esta avaliación sexa moito mellor tanto en colaboración como en notas e aprender.
Continúo con ganas aínda que síntome algo atontada, espero espabilar e poñerme ó día con todo e a traballar duro, tanto individualmente como en grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario