Bueno, por fin empezamos co thinglink na clase, aínda que moita xente non pudo facer nada polo feito de que non había ordenadores para todos. Eu tiven sorte, cheguei das primeiras a esa clase e collín un ordenador que funcionaba moi ben.
Creei a conta e abrín o libro polo tema que me tocou, o réximen democrático, para aclararme do que era e como ía facer máis ou menos o traballo, xa que era a primeira vez que traballaba con esa aplicación. Costoume un pouco ó principio porque non sabía a onde tiña que darlle, pero benditos titoriais de Youtube que che din como tes que facer, creo que é a salvación de moitos de nós.
Antes de que acabara a clase, o profe chamou o meu grupo, dadaanka, e fíxonos algunhas preguntas para facer unha autoevaliación grupal con el diante. A verdade e que eu creo que este traballo saínos un pouco mal, porque pusimos demasiado tostón e nada de música, e había partes, que non se entendía nada porque a min cóstame moitísimo vocalizar, e outras partes que era falar tan seguido que aburríaste. Eu espero que non se volva a repetir, porque a min no me gustou moito..