Segunda semana da avaliación!!! Empezamos traballando duro e algo máis espabilada que a semana anterior. Aínda que máis cansada polos entrenos e de non estar acostumada a madrugar polas vacacións.
Por fin! Hoxe decidimos o tema do que queríamos falar, bueno máis ben dos temas, e como o íamos facer. Aínda que costounos bastante, o conseguimos. Seguimos buscando información eu con Dani López sobre a globalización e Dani González e Andrés sobre o capitalismo en diferentes ordenadores e nos libros. Decidimos pasarnos a información uns aos outros para leela e saber todos dos dous temas, e explicarnos algo entre nós para ver o que comprendimos e o que non. Sabemos que o capitalismo é un tema moi longo pero nós arriesgámonos e o fixemos igualmente, está ben saber de todo aínda que sexa complicado aprender, polo menos pola miña opinión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario