Neste xoves, primer día de clase despois do intercambio, chegamos a clase para ver o traballo e tanto Dani como eu levamos unha sorpresa porque o guión xa estaba feito, pero empecei a leelo e pareceume moi longo e extenso, aínda que moi ben feito, con exemplos e falando de forma que entendamos todos.
Entón Dani L. e eu puximos o cronómetro e a falar para ver cantos minutos levábamos. Eu flipei, porque íamos rápido e tardamos 18 minutos, había que resumir, e para resumir, primeiro había que leelo outra vez para saber que eliminar e que non. Pero moi claro tíñamos que os exemplos non os iamos quitar, pero entre unha cousa e outra non puidemos quitar moito porque acabou a clase. Estaba moi ben feito e dinlle a noraboa ós meus compañeiros polo traballo feito esta semana, moi ben feito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario