martes, 3 de maio de 2016

Martes 3

Hoxe na clase volvimos a ler todo o guión, porque hai que resumilo moitísimo polo feito que decidimos meter máis cousas entretidas e que farían que o guión fose màis levadeiro. Entón tanto Dani L. como eu puxímonos mans á obra, pero entre que nos puximos a ler e volvimos a ler para comezar a resumir ou eliminar cousas, fóisenos a clase encima e cando empezáramos a eliminar un pequeno parágrafo quedaban tres minutos de clase e ía tocar o timbre.

A clase de hoxe pasóuseme moi rápida, tanto a clase como toda a mañá, porque houbo algunhas horas libres e tamén porque as outras clases foron entretidas, aínda que en xeografia e historia hoxe tiven que ler un tostón varias veces, son entretidas e levadeiras as clases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario