xoves, 12 de maio de 2016

Xoves 12

E chegou o día de entregar o diálogo, nós, pedímoslle o profesor que si podíamos entregalo venres a primeira hora porque íamos quedar hoxe pola tarde e así perfeccionábamos o traballo ben e díxonos que si, por sorte para nós. Entón na clase dedicámosnos a seguir eliminando cousas, porque aínda era moi longo e algo pesado.

Pola tarde dedicámonos practicamente ó mesmo, resumir e eliminar cousas, e despois grabamos o guión e nos dimos de conta que quedaba moi xusto e que era moi complicado facer 15 minutos xustos, a ver si despois recortando algunhas cousas e tal queda  perfecto ou aproximadamente perfecto, pero custa demasiado ser tan precisos.

Esperemos que o traballo esté ben feito e que guste tanto ao resto da clase como tamén, e máis importante, o profesor. Cruzamos os dedos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario