Estamos moi nerviosos! Últimos días para acabar o guión e entregalo impreso. Hai moita xente que está a piques de rematar, pero outra moita que aínda lle queda bastante o teñen que cambiar moitas cousas.
Ó noso grupo quédanos bastante, pero por quitar, porque fixemos o guión moi longo e temos que resumir demasiado, pero non sabemos que máis resumir e quitar, parécenos todo bastante interesante e importante para dicir no programa de radio por así chamalo.
Neste traballo doume de conta que aínda que non todo o grupo nos levemos xenial sempre traballamos xuntos e ben, sen pegarnos e discutir a grito pelado, e tamén polo menos que sabemos traballar en grupo, aínda que custa porque non todos temos a mesma forma de pensar, entón sempre vai a votación. Sen discutir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario