Por fin!!! Hoxe acabamos xa cós guións de expoñelos, aínda que a medias porque quedaban uns minutos para rematar cando tocou e o profe dixo que non pasaba nada, que xa era suficiente.
O primeiro grupo foi o de Alejo, Elena, Germán e Ángel falando dos conflictos en España e no resto do mundo, aínda que me costou entender algunhas partes, fixéronno moi ben, tiñan música rusa cando falaron de Rusia e máis cancións. Para min foron bastante perfeccionistas, porque fixeron creo recordar 15:06 minutos aprox de guión e incluso podían facer menos, porque polo medio houbo tempos mortos e podían eliminalos.
O seguinte grupo e o último en expoñer foi o de Rebeca, Pablo, Silvia e Rubén, gustoume bastante a verdade, dentro do que cabe, creo polo simple feito de que entereime bastante ben das cousas e porque tamén, tiñan música sempre de fondo e entre tema e tema. Eles decidiron falar sobre o terrorismo e os diferentes atentados, como o das torres xemelgas.
En xeral o día de hoxe gustoume bastante a verdade, bos guións e axustados ó tempo pedido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario