Hoxe foi o día da homenaxe a Indalecio Pérez Tizón e non puidemos dar clase a partir do primer recreo ata última hora, e por mala sorte, coincidía en perder xeografía e historia, aínda que valeu a pena mirar aos meus compañeiros tanto actuar, como bailar, como cantar, como ler e como tocar instrumentos, porque sinceramente, pola miña parte chapó, dinlles a todos a noraboa porque o fixeron de 10. É un orgullo ter non só compañeiros, se non amigos con este talento tan grandioso e favorecido.
Eu non coñecín a Indalecio como profesor, só de vista polo meu irmán, pero tal e como me falaron del parecía un moi bo home, atento a todo e que quería que o ensino fose máis entretido e fácil de aprender, cousa que eu creo que por unha parte logrou.
Encantoume a gala, creo que é o mellos homenaxe que eu vira na miña vida a verdade. E todo esto grazas a xente que o fixo capaz, ten moito mérito, tanto ex alumnos como alumnos actuais tanto como profesores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario