martes, 17 de maio de 2016

Martes 17

Hoxe é festivo, o día das letras galegas, cousa que todos os anos soemos falar algo sobre elas pero este ano foi moi por encima e dedicáronlle o día a Manuel María. Como non houbo clase, eu dediqueime a entrenar e estudar galego, xa que teño examen mañán e é bastante complicado.

Intento aproveitar ó máximo posible os días festivos ou os fins de semana para traballar e estudar o máximo posible, xa que agora empeza o forte, os exames, os traballos, máis deberes...

A verdade é que estou algo nerviosa e estresada porque quería mellorar esta avaliación e non o estou conseguindo, os exames sáenme fatal, e estou nerviosa polo guión de mañán, cústame demasiado vocalizar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario