Practicamente o último día antes de entregar o guión impreso! Pero non para de aparecer problemas e máis problemas. Dani G. e eu estivemos moi cabreados porque deixámoslles un traballo a Andrés e ao outro Dani e non o fixeron na finde semana. Pero por sorte hoxe apareceron con el nas mans para meter no guión e finalizalo.
Entón na clase de hoxe foi ao que nos adicamos, a pór estes traballos no guión e darlle cohesión e sentido ó programa de radio escrito no open office. É difícil saber máis ou menos canto tempo levamos de guión, non é preciso, e aínda menos cando non se sabe a que velocidade ir e a canto chegaremos.
Pero nada, hoxe volvimos a facer a proba do tempo e aínda nos seguíamos pasando do límite, teremos que continuar cousas na casa e eliminar cousas tanto eu como o resto do grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario